Partes dun ordenador:

- Monitor: Periférico que serve para ver os datos procesados pola tarxeta gráfica do ordenador e poder manexalos. É un dispositivo de saída de datos.
- Rato: dispositivo perférico que se conecta a un ordenador e permite o desprazamento pola pantalla segundo os movementos que o usuario fai sobre unha superficie, facilitando así o manexo do ordenador.
- Altofalante: transdutor que converte a enerxía eléctrica en enerxía acústica.
- CD-Rom : (Compact Disc Read Only Memory) é un disco compacto só de lectura. Trátase dun CD utilizado para almacenar datos de ordenador, unha vez gravado os seus datos non se poden modificar nin alterar.
- Disquete : disco removible de almacenamento fixo de dados (aínda que agora xa non se emprega)
- Memoria: refírese aos compoñentes dun ordenador, dispositivos e medio de almacenamento que teñen datos informáticos durante algún intervalo de tempo. As memorias do ordenador proporcionan unha das principais funcións da computación moderna.
- Impresora láser: é un tipo de impresora que permite imprimir textos ou gráficos, tanto en negro como en color, con gran calidade.
- Teclado: é un dispositivo que consiste nun sistema de teclas, que permite introducir datos a un ordenador ou dispositivo dixital.
- Módem: é un dispositivo que serve para modular e desmodular (en amplitude, frecuencia, fase ou outro sistema) unha señal chamada portadora mediante outra señal de entrada chamada moduladora.
Estas son algunhas partes do ordenador entres outras.